Jezdeca é un filme esloveno de 2022 dirixido por Dominik Mencej e escrito por Mencej e Boris Grgurovic. Foi escollido como candidato de Eslovenia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse A historia está ambientada na Eslovenia da primavera de 1999. Dous amigos dunha pequena cidade deciden facer unha viaxe en moto. Na estrada que atravesa Eslovenia e Croacia, dous países recentemente separados de Iugoslavia, atópanse cun mozo fuxido cun pasado misterioso e un vello motorista que percorreu o mundo na procura da liberdade pero aínda non a atopou.
Personaxes Timon Sturbej como Tomaz Petja Labovic como Anton Anja Novak como Ana Nikola Kojo como Peter Peter Musevski como condutor do camión Natasa Matjasec como nai de Tomaz Branko Jordan como Padre Klemen Boris Ostan como Jozhe
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Eslovenia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua eslovena Categoría:Filmes de Eslovenia Categoría:Filmes ambientados en Eslovenia Categoría:Filmes ambientados en 1999