Kuolleet lehdet é un filme finés-alemán de 2023 dirixido e escrito por Aki Kaurismäki. É a vixésimo longametraxe de Kaurismäki e unha continuación da súa serie Proletariado, que orixinalmente estaba prevista como unha triloxía e que inclúe Varjoja paratiisissa ( 1986), Ariel (1988) e Tulitikkutehtaan tyttö (1990). Alma Pöysti e Jussi Vatanen son os protagonistas deste filme. O filme foi producido por Sputnik e Bufo.

Estreouse o 22 de maio de 2023 no Festival de Cinema de Cannes, e foi escollido para competir pola Palma de Ouro na sección principal da competición, onde gañou o Premio do Xurado. Foi estreado nos cinemas de Finlandia o 15 de setembro de 2023. Recibiu aclamación da crítica e foi considerado un dos cinco mellores filmes internacionais de 2023 pola National Board of Review. Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.

Personaxes

Alma Pöysti como Ansa Jussi Vatanen como Holappa Janne Hyytiäinen como Huotari Nuppu Koivu como Liisa Sherwan Haji Matti Onnismaa como xefe do taller de ferro Simon Al-Bazoon como guardián de net café Martti Suosalo como xefe de Ansa Maustetytöt como eles mesmos Sakari Kuosmanen como un home na pousada Maria Heiskanen como enfermeira xefa Alina Tomnikov como Tonja Alma o can como Chaplin o can (sen acreditar) Juho Kuosmanen (sen acreditar)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua finesa Categoría:Filmes de Finlandia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Aki Kaurismäki Categoría:Filmes ambientados en Helsinqui Categoría:Filmes sobre alcoholismo