O Norman Thompson N.T.2B foi un hidroavión de adestramento monomotor británico da primeira guerra mundial. O N.T.2B foi adoptado como adestrador estándar de hidroavións polo Royal Naval Air Service, adestrando pilotos para hidroavións de patrulla de maior tamaño como o Felixstowe F.2.
Deseño e desenvolvemento A finais de 1916 a Norman Thompson Flight Company, que anteriormente fabricara 20 hidroavións de adestramento FBA Type B, propuxo deseñar e construír un novo adestrador para os pilotos que se necesitaban para os grandes hidroavións de patrulla como o Curtiss Americas, o Felixstowe F.2 e o Norman Thompson N.T.4. O Almirantazgo británico aceptou a proposta de Norman Thompson, e realizou un pedido por 10 avións en novembro de 1916 para o Royal Naval Air Service (RNAS).London 1996, pp. 73-74
O avión resultante, designado N.T.2B, era un biplano monomotor en configuración de impulso, con ás de distinta envergadura e dous tramos, e impulsado por un motor Beardmore de 160CV montado entre as ás que movía unha hélice de catro pas. O piloto en prácticas e o instrutor sentábanse un ao carón do outro nunha cabina pechada, equipada con controis dobres.Bruce 1957, pp. 655-656
Aínda que os primeiros exemplares de produción estaban equipados con motores Beardmore ou Hispano-Suiza de 150 CV, os posteriores aparellos levaban un Sunbeam Arab de 200 CV, que estaba montado lixeiramente a estribor da liña central da aeronave para superar o maior par do motor máis potente. O Arab, porén, demostrou ser pouco fiable, e o motor foi cambiado novamente, desta vez instalando o Hispano-Suiza 8 de 200 CV, que se montou en ángulo para superar un problema de par semellante ao que se observou co Arab.London 1996, p. 74
As necesidades do RNAS (que o 1 de abril de 1918 converteuse na Royal Air Force) para o N.T.2B superaban a capacidade de Norman Thompson, polo que se fixeron pedidos con Supermarine e S. E. Saunders,Andrews e Morgan 1987, p. 354London 1994, p. 74 así como coa empresa matriz. Pedíronse polo menos 294 a finais da primeira guerra mundial, o que provocou grandes cancelacións.
Notas
Bibliografía
Andrews, C. F., and E. B. Morgan. Supermarine Aircraft since 1914. Londres: Putnam, 1987. .
Bruce, J. M. ''British Aeroplanes 1914-18''. Londres: Putnam, 1957.
London, Peter. "Island Pioneers; Aircraft Production Origins on the Isle of Wight". Air Enthusiast, No. 56, inverno de 1994. pp. 71-77. . London, Peter. "Bognor's Boats: The Aircraft of Norman Thompson". Air Enthusiast, No. 66, novembro - decembro de 1996. pp. 70-75. .
Categoría:Aeronaves de Norman Thompson Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1917 Categoría:Hidroavións