Lento Goffi, nado en Chiari (Lombardía) o 15 de novembro de 1923 e finado en Brescia o 14 de xaneiro de 2008, foi un poeta e xornalista italiano, membro da cuarta xeración da Liña lombarda, movemento poético que ten unha visión da vida tipicamente ligada á vida e á cultura da Lombardía dos séculos XIX e XX.

Traxectoria

Nacido en 1923 no seo dunha familia antifascista, licenciouse en Literatura Moderna na Universidade de Milán, para despois impartir clases nalgunhas escolas de Brescia. Goffi morreu en 2008 nun centro de atención á terceira idade en Brescia. Vida persoal

Casou con Elisa Marchina; tiveron un fillo, Giorgio.;

Obra A Liña lombarda, da que forma parte Lento Goffi, é un movemento poético que ten unha visión da vida tipicamente ligada á vida e á cultura da Lombardía dos séculos XIX e XX.

Escolmas de poesía

Lunar ietto (Il Bruttanome, 1962) Cinque poesie e una prosa (Sigma, 1964) Dalla Marca d'Oriente (Scheiwiller, 1968) Un'isola, si, con sei incisioni di Franca Ghitti (L.N.C., 1971) Evasivamente flou (Scheiwiller Books, 1974) Cronachetta, con sei incisioni di Franca Ghitti (Scheiwiller, 1979) Un sabato di febbraio (Società di poesia, 1981) L'attimo incolore, con tre acqueforti di Giovanni Repossi (Il Farfengo, 1984) Diario per l'assente (Lo Specchio, Mondadori, 1986) L'amata Phegea (La Quadra, 1991) Per orbite interne (La Quadra, 1994)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas I cinque poeti bresciani più grandi di sempre .

Categoría:Nados na provincia de Brescia Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Poetas de Italia Categoría:Alumnos da Universidade de Milán Categoría:Personalidades sen imaxes