al-Murhiqūn (en ) é un filme iemení de 2023 dirixido por Amr Gamal. Trátase dunha coprodución entre o Iemen, o Sudán e Arabia Saudita. É o segundo filme do director iemení Amr Gamal, quen escribiu o guión xunto con Mazen Reaat. Estreouse na sección Panorama do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o premio da Audiencia (segundo posto) e o premio Amnistía. Con esta participación, converteuse no primeiro filme iemení en ser escollido oficialmente para a súa proxección na Berlinale.

Foi escollido como candidato do Iemen para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse O filme conta unha historia real sobre unha parella iemení de clase media, Ahmed e Israa, e os seus tres fillos na cidade de Adén, Iemen, durante o ano 2019. A historia comeza cando Israa descobre que está embarazada dun cuarto fillo, causando conmoción na parella que perdeu o seu traballo tras a guerra civil en 2015, que levou a unha crise económica paralizante no Iemen.

Personaxes Khaled Hamdan como Ahmed Abeer Mohammed como Isra'a Samah Alamrani como Muna Islam Saleem como Anwar Roaa Al-Hamshari como Nouran Omar Elyas como Nawar

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Iemen propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes do Iemen Categoría:Filmes do Sudán Categoría:Filmes de Arabia Saudita Categoría:Filmes sobre o aborto Categoría:Filmes baseados en feitos reais