miniatura|Novas froteiras segundo os Tratados de Saint-Germain (1919) e Trianon (1920) O Tratado de Saint-Germain-en-Laye foi asinado nesa localidade francesa o 10 de setembro de 1919 entre as potencias aliadas e asociadas e Austria para pór fin á Primeira guerra mundial. Neste tratado establecíase o desmembramento da antiga monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austrohúngaro, que foi substituído pola República de Austria como «estado sucesor» quedando limitada a algunhas áreas nas que soamente se falaba alemán e que foi excluída das negociacións sendo obrigada a asina-lo tratado. O tratado foi reatificado polo Consello Nacional austríaco ou Parlamento o 17 de outubro.Redondo (1984), p.129
O posterior Tratado de Trianon, asinado en 1920 entre os aliados e Hungría, completou o proceso de desmembramento do Imperio Austrohúngaro.
Características O tratado redactouse en francés, a lingua de interpretación en caso de discrepancias, inglés, italiano e ruso, mais non en alemán.
O tratado establecía o nome oficial do país vencido, Austria (Österreich), ao que se lle prohibía de xeito expreso o Anschluss (o reagrupamento ou unión con Alemaña), a fabricación e o comercio de armamento e a constitución dun exército de leva (tiña autorizado un exército profesional limitado a 30.000 homes). Igualmente, obrigábaselle a pagar aos aliados cuantiosas indemnizacións e a restituír numerosas obras de arte do tesouro imperial dos Habsburgo, aínda que moitas delas fosen de Austria dende había moitos séculos e fosen adquiridas lexitimamente.
Cláusulas territoriais
Galitzia foi outorgada a Polonia en contra da opinión maioritaria dos seus habitantes, de nación rutena, que querías seren incorporados a Ucraína. Bohemia, Moravia, e algunhas áreas da Baixa Austria, foron reunidas nun estado de nova creación, Checoslovaquia, que tamén incorporou o territorio xermanófono dos Sudetes. Tirol do Sur, o territorio de Trento, o Val de Canale, varias illas de Dalmacia e as cidades de Trieste e Zadar, foron outorgadas a Italia; isto implicou que Austria perdese o acceso ao mar Mediterráneo. A Bucovina, foi entregada a Romanía. Algunhas partes de Estiria e de Carintia, pasaron ao Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. Os dereitos sobre o enclave de Tientsin, foron restituídos a China. Decidiuse a celebración dun referendo na cidade de Klagenfurt para decidir a súa permanencia en Austria ou a incorporación a Eslovenia. Celebrouse o 10 de outubro de 1920 decidindo permanecer en Austria. Este feito, máis a incorporación to territorio húngaro de Burgenland, como consecuencia do Tratado de Trianon, conformaron os territorios de Austria, que pasou a ser unha República Federal composta por 8 pequenos estados.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Primeira guerra mundial Tratado de Versalles Tratado de Trianon Tratado de Sèvres
Ligazóns externas Texto do Tratado (en inglés)
Saint-Germain Categoría:1919