Esta é unha cronoloxía de España, que comprende acontecementos destacados, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos en España e nos seus estados predecesores; tamén eventos acontecidos na Península Ibérica e Europa e eventos internacionais que tiveron relevancia para a historia de España.

Séculos -III-II-II II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVIXVII XVIIIXIXXXXXI

Prehistoria +Data aproximadaAcontecemento-1100Fundouse a colonia fenicia de Gadir (Cádiz).

Século -III AnoDataAcontecemento-238Hamílcar Barca desembarca en Gadir. Atopa resistencia turdetana.-236Hamílcar Barca traslada a base de operacións militares cartaxinesas ao sur da Península Ibérica.-226Asdrúbal consegue o tratado do Ebro entre romanos e cartaxineses.-225Fundación de Cartago Nova (Cartaxena), capital do Imperio Bárcido en occidente.-219Haníbal, fillo de Hamílcar, cerca Sagunto. Roma declara a guerra a Cartago, comeza a Segunda Guerra Púnica.-209Declive do exército de Haníbal en Italia e comezo da conquista romana de Hispania.Hispania Citerior e Hispania Ulterior.

Século -II AnoDataAcontecemento-197Conquista de Cádiz, último bastión cartaxinés na Península e vitoria romana en Ilipa. Hispania permanece baixo o control de Roma e divídese en Hispania Ulterior e Hispania Citerior.-155Guerras Lusitanas: Viriato estableceuse como líder dos pobos indíxenas.-139Viriato foi asasinado.-137Batalla do Douro: Décimo Xunio Bruto Galaico.-133Os numancios sacrifícanse antes de ceder ás tropas de Escipión.

Século -I AnoDataAcontecemento -83Guerra de Sertorio en Hispania, contra Quinto Sertorio.-72Marco Perperna reúnese con Pompeio e asasina a Sertorio en Osca (Huesca). Fin da Guerra de Sertorio.-61Xulio César ordena unha segunda invasión en Gallaecia, desembarcando en Brigantium (A Coruña). Os galaicos convértense na forza auxiliar máis importante das lexións romanas.-49Xulio César venceu aos partidarios de Pompeio en Ilerda.-45Xulio César venceu aos partidarios de Pompeio en Munda.-29Guerras cántabras, contra cántabros e ástures.

Século I AnoDataAcontecemento13Nova división romana de Iberia, nacemento da Lusitania, Bética e da Tarraconense.65Séneca e o seu sobriño Lucano foron asasinados en Roma por orde de Nerón.74Vespasiano concede a cidadanía romana aos hispanos.98Traxano, da Bética, foi nomeado emperador de Roma.

Século II AnoDataAcontecemento117Hadriano, tamén da Bética, sucede ao seu pai adoptivo Traxano.166A peste arrasa Hispania mentres bandas do norte de África atacan as cidades do sur da Península.

Século III AnoDataAcontecemento258Francos e alamanos invaden a Península, alí permanecen 10 anos.286Nova división de Hispania en Gallaecia, Tarraconense, Cartaxinense, Bética e Lusitania.

Século IV AnoDataAcontecemento306Concilio de Elvira (hoxe Granada), primeiro sínodo da Igrexa en Hispania.379Teodosio I, orixinario de Gallaecia, é nomeado emperador romano e bizantino, o último en reinar nun imperio reunido.380Concilio de Caesaraugusta (Zaragoza) pronúnciase contra o priscilianismo.384O priscilianismo, recoñecido como herexía no Concilio de Burdeos.

Século V AnoDataAcontecemento409Os suevos. alanos e vándalos chegaron a Hispania.411Creación do Reino Suevo en Gallaecia.416Os visigodos e o seu rei Walia continuaron a invasión, a soldo de Roma para loitar contra outros bárbaros.429Os vándalos abandonaron Hispania.441Requila, rei suevo, conquistou Sevilla mentres os bagaudas arrasaban no val do Ebro.456Batalla do río Órbigo: derrota dos suevos preto de Astorga contra os visigodos.475Eurico rompeu o foedus co Imperio Romano e comezou a ocupación visigoda da Península.476Fin do Imperio Romano de Occidente.

Século VI AnoDataAcontecemento507Os visigodos fuxindo da súa derrota na batalla de Vogladum e do saqueo de Tolouse, escapan á Península e comezan a reinar Hispania e Septimania.552O Imperio Bizantino conquista parte do sur de Hispania formando a Hispania bizantina.567Toledo converteuse na capital do Reino visigodo.568Leovixildo comezou o seu reinado.585Leovixildo conquista o Reino suevo. Unificando na mesma coroa os reinos de Gallaecia, Hispania e Septimania.586Alzamento suevo comandado por Malarico.586 - 601Reinado de Recaredo I, enfrontamentos cos borgoñóns na Septimania e cos bizantinos en Levante.587Recaredo I converteuse ao catolicismo.5898 de maioO terceiro concilio de Toledo marca a entrada da Hispania visigoda na Igrexa católica.

Século VII AnoDataAcontecemento624Suintila conquistou aos bizantinos a Hispania bizantina.A Historia de regibus Gothorum, Vandalorum et Suevorum foi escrita por Isidoro de Sevilla.625Suintila conquistou aos pobos vascos.633IV Concilio de Toledo. Obriga ós xudeus a se bautizaren. Os novos reis deben ser confirmados pola Igrexa.654Recesvinto foi o responsable da promulgación dun código de lei, o Liber Iudiciorum.

Século VIII AnoDataAcontecemento711xulloBatalla de Guadalete: os musulmáns desembarcan na península e derrotan a Rodrigo.718Paio revelouse ao norte do Conventus Asturicensis da Gallaecia contra o Califato omeia.722Batalla de Covadonga.Paio, foi elixido princeps con sede rexia en Cangas de Onís.737Paio morreu, sucedeuno como princeps o seu fillo Fávila.739Fávila morreu, sucedeuno o marido da súa irmá Ermesenda, Afonso I.740Afonso I recupera o territorio do Conventus Lucensis.757Afonso I morreu, sucedeuno como rei o seu fillo Froila I.76814 de xaneiroFroila I foi asasinado, sucedeuno Aurelio.774Aurelio morreu, sucedeuno o seu primo Silo. Silo estableceu a súa sede rexia en Pravia.783Silo morreu. A súa muller Adosinda, filla de Afonso I, arranxou a elección do seu sobriño Afonso II, fillo de Froila I.Unha coalición de nobres elixiu rei ao fillo ilexítimo de Afonso I: Mauregato, e Afonso II fuxíu a Áraba.789Mauregato morreu. O irmán de Aurelio, Vermudo I, foi elixido rei.791Batalla do río Burbia. Vermudo I abdicou do trono.14 de setembroAfonso II foi coroado rei.Afonso II estableceu a sede rexia en Oviedo.794Batalla de Lutos: Afonso II foi derrotado en Astorga.79518 de setembroBatalla das Babias.

Século IX AnoDataAcontecemento816Batalla de Pancorbo.824Batalla do paso de Roncesvalles.842Afonso II morreu. Nepociano foi elixido rei.Batalla da ponte de Cornellana. As forzas leais ao fillo de Vermudo I, Ramiro I derrotaron a Nepociano.8501 de febreiroRamiro I morreu, o seu fillo, Ordoño I sucedeuno como rei.851Batalla de Albelda.Eneco Arista morreu, sucendendo como rei de Navarra o seu fillo García Eneconiz.852Batalla de Guadalacete.860García foi capturado polos viquingos extorsionando o reino de Navarra cun rescate de 70 000 dinares de ouro.862Formouse o condado de Castela baixo o conde Rodrigo.8659 de agostoBatalla da Morcuera.86627 de maioOrdoño I morreu, sucedeuno o seu fillo Afonso III.Froila, un conde galego, apoderouse do trono e obrigou a Afonso III a fuxir a Castela.Froila foi asasinado en Oviedo.868Vimara Pérez, un conde galego, conquista Porto, converténdose no primeiro conde de Portucale.870García morreu e García Ximénez tomou o poder como rexente mentres o fillo herdeiro de García, Fortún Garcés permaneceu cativo en Córdoba.8735 de novembroRodrigo, conde de Castela, morreu, sucedeuno o seu fillo Diego Rodríguez Porcelos.878Hermenexildo Gotérrez, conde de Tui e Portucale, conquista Coímbra.882Primeira batalla de Cellorigo: Vela Ximeniz, conde de Áraba, repeleu unha invasión do Emirato de Córdoba no paso de Cellorigo.Fortún Garcés volveu a reinar en Navarra.883Segunda batalla de Cellorigo: Vela Ximeniz, repeleu unha segunda invasión.88531 de xaneiroDiego Rodríguez morreu.

Século X AnoDataAcontecemento901xulloDía de Zamora.905A nobreza navarra retirou do trono a Fortún Garcés poñendo no seu lugar a Sancho I.91020 de decembroAfonso III morreu, o reino foi dividindo o reino no Reino de Galicia, a Ordoño II, no Reino de León, a García I, e no Reino de Asturias a Froilán II.91419 de xaneiroGarcía I morreu herdando a súas terras Ordoño II.917Batalla de San Esteban de Gormaz.92026 de xulloBatalla do Val de Xunqueira.922Os navarros derrotaron en batalla a Galindo II Aznárez, conde do condado de Aragón, e obrigouno a vasalaxe.924xuñoMorreu Ordoño II, a nobreza galego-leonesa elixiu a Froilán II.925xulloMorreu Froilán II, posiblemente por lepra. O testamento de Froilán nomeou sucesor ao seu fillo Afonso Froilaz. Os fillos de Ordoño II: Sancho Ordóñez, Afonso IV e Ramiro II, non recoñeceron a Froilaz, deixandoo só como rei en Galicia.O irmán máis novo de Froilán II, Ramiro, casou coa súa muller viuva Urraca e reclamou o trono.Sancho Ordóñez, Afonso IV e Ramiro II forzaron a Afonso Froilaz ao exilio as marchas do este asturiano.Sancho Ordóñez tomou a cidade de León.Afonso IV, co apoio da nobreza leonesa e navarra, expulsou a Sancho Ordóñez de León.10 de decembroSancho I Garcés morreu, sucedeuno o seu fillo García I Sánchez co seu irmán Ximeno Garcés como rexente.926Ordóñez foi coroado princeps do Reino de Galicia.92916 de agostoOrdóñez morreu herdando Afonso IV.931Fernán González converteuse no conde de Castela.Álvaro Herraméliz, conde de Lantarón e Áraba, morreu. Fernán González herdou os seus territorios unindoos ao condado de Castela.29 de maioXimeno Garcés morreu.Afonso IV foi forzado a abdicar o seu trono en Galicia e León a favor do seu irmán Ramiro II.93919 de xulloBatalla de Simancas.5 de agostoBatalla de Alhandic.9511 de xaneiroRamiro II morreu, sucedeulle o seu fillo Ordoño III.956Ordoño III morreu, sucedeulle o seu irmán Sancho I.958A nobreza leonesa liderada por Fernán González depuxo a Sancho I a favor do fillo de Afonso IV, Ordoño IV.960Sancho I recuperou o trono coa axuda de Navarra e Córdoba.966Sancho I morreu envelenado polo conde galego-portugués Gonzalo Menendiz, sucedeulle o seu fillo inda novo Ramiro III, con Elvira Ramírez e Tareixa Ansúrez como rexentes.97022 de febreiroGarcía I Sánchez morreu, sucedeulle o seu fillo máis vello Sancho II Garcés. Un pequeno territorio en Viguera foille dado a outro fillo como o Reino de Viguera.Fernán González morreu, sucedeulle García Fernández no condado de Castela.9819 de xulloBatalla de Torrevicente.Batalla de Roda.98215 de outubroA nobreza galega nomea ao fillo de Ordoño III, Vermudo II, como rei de Galicia co apoio do Califato de Córdoba.984Vermudo II depuxo a Ramiro III facéndose co reino de León.987Vermudo II repele as forzas cordobesas en Zamora.991novembroVermudo II foi expulsado do reino pola nobreza leonesa.992setembroVermudo II volve a León.994Sancho II morreu, sucedeulle como rei de Navarra e conde de Aragón o seu fillo García II Sánchez.995maioGarcía Fernández foi capturado nunha razzia cordobesa.xuñoGarcía Fernández morreu polas feridas en Medinaceli, sucedeulle o seu fillo Sancho García.996Os cordobeses conquistaron Astorga.999Castela declinou pagar tributo a Córdoba.setembroVermudo II morreu, sucedeulle o seu fillo Afonso V, coa súa nai Elvira García e Menendo II Gundisalviz, dux de Galicia e conde de Portucale, como rexentes.100029 de xulloBatalla de Cervera.García II Sánchez morreu, sucedeulle como rei de Navarra e conde de Aragón o seu fillo Sancho III, coa súa nai, Ximena Fernández, e a súa avoa, Urraca Fernández, reinando cos bispos de Navarra como rexentes.

Século XI