Tu man nieko neprimeni é un filme lituano de 2023 dirixido e escrito por Marija Kavtaradzė. É unha coprodución entre Lituania, España e Suecia. Retrata a proximidade e a intimidade dentro dunha relación que desafía os estereotipos e as nocións convencionais de parella. O filme tivo a súa estrea mundial en xaneiro de 2023 no Festival de Cinema de Sundance e a súa estrea en Europa no Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary en xullo de 2023. Foi escollido como candidato de Lituania para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Greta Grinevičiūtė como Elena Kęstutis Cicėnas como Dovydas Pijus Ganusauskas como Vilius Laima Akstinaitė como Viktorija Vaiva Žymantė como Viltė Mantas Barvičius como Jokūbas Rimantė Valiukaitė como nai de Elena
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Lituania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua lituana Categoría:Filmes de Lituania Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Suecia