Mikayil Ngor Faye, nado en Sédhiou (Casamansa, Senegal), o 14 de xullo de 2004, é un futbolista senegalés que xoga como defensa central no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF. É internacional coa selección senegalesa.

Traxectoria Formouse na canteira do Diambars FC, na cidade de Saly, pertencente á rexión de Thiès, onde coincidiu con Bamba Dieng, xogando como defensa central e en ocasións como lateral esquerdo. A prensa vencellouno ao Olympique de Marsella e ao Stade de Reims, pero foi co Dinamo Zagreb co que pasou a adestrar, antes de fichar polo NK Kustošija.

NK Kustošija O 8 de marzo de 2023 debutou co primeiro equipo do Kustošija na Prva NL, nun encontro ante o HNK Orijent. Marcou o seu primeiro gol na liga o 22 de maio de 2023 contra o NK Hrvatski Dragovoljac.

Barcelona En xuño de 2023 foi fichado polo Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF.

Selección nacional Internacional coas categorías inferiores da selección do Senegal, participou na Copa Mundial Sub-17 de 2019, acadando os oitavos de final. Foi convocado tamén pola selección sub-20 dirixida por Youssouph Dabo para as eliminatorias da Copa África sub-20 2021, aínda que non participou en ningún partido.

O 22 de marzo de 2024 debutou coa selección absoluta do Senegal nun partido amigable contra Gabón, conseguindo cun espectacular disparo dende lonxe o segundo dos tres goles do seu equipo (3-0).

Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados no Senegal Categoría:Futbolistas do Senegal Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Senegal