Antonio Domingo Pose Reino, nado en Santiago de Compostela o 13 de xuño de 1956, é un médico especialista en Medicina interna e profesor titular de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria Foi xefe de sección de Medicina interna no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) dende 1999 e xefe deste servizo ata 2022.
No que respecta á súa produción científica e investigadora, presentou máis de 300 comunicacións orais en congresos, publicou máis de 200 artigos en revistas científicas de impacto e é coautor de sete libros.
Recoñecementos En 2023 ingresou como académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia,Académicos correspondientes en Galicia . nunha sesión na que expuxo o seu traballo titulado "Un novo modelo de atención sociosanitaria durante a pandemia".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1956 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos