Rodas (, Ródos ) é a illa máis grande das illas do Dodecaneso en termos de superficie e tamén a capital histórica do grupo de illas. Administrativamente a illa forma un municipio separado dentro da unidade rexional de Rodas, que é parte da rexión administrativa do Exeo Meridional. A cidade principal da illa e a sede do municipio é Rodas.Kallikratis law Greece Ministry of Interior A cidade de Rodas tiña 50.636 habitantes en 2011. Está situada ao nordés da illa de Creta, ao sueste de Atenas e xusto á beira da costa anatolia de Turquía. O alcumo de Rodas é "A illa dos cabaleiros", nomeada logo de que os Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, a conquistaran.
Historicamente, Rodas era famosa en todo o mundo polo Coloso de Rodas, unha das sete marabillas do mundo antigo. O casco antigo medieval da cidade de Rodas foi declarado Patrimonio da Humanidade. Hoxe en día, é un dos destinos turísticos máis populares de Europa.Paul Hellander, Greece, 2008Duncan Garwood, Mediterranean Europe, 2009Ryan Ver Berkmoes, Oliver Berry, Geert Cole, David Else, Western Europe, 2009Harry Coccossis, Alexandra Mexa, The challenge of tourism carrying capacity assessment: theory and practice, 2004
Xeografía e situación Rodas esténdese en dirección NL-SO ao sur da costa turca, enfronte da antiga rexión de Caria, da que a separa unha canle de 15 km de ancho. Ten unha lonxitude de 78 km, a súa anchura é de 39 km (entre os cabos Monolithos e Lindos) e unha extensión global de 1398 km². A distancia que a separa de Atenas é de 490 km.
Unha cadea montañosa descontinua atravesa a illa en dirección N-S. O pico máis alto sitúase na vertente occidental e chámase Ataviros (1215 m). Rodas non posúe grandes correntes de auga senón máis ben torrentes que están no seu maior parte secos durante o verán.
En Rodas atopábase unha estatua de dimensións extraordinarias (ver Coloso de Rodas). Era unha das Sete Marabillas do Mundo Antigo e a tradición conta que foi destruída tras un terremoto.
Orixes e mitoloxía do nome de Rodas Podemos facernos unha idea dos diferentes nomes que Rodas tivo principalmente grazas a tres autores: Estrabón (Geographia, XIV, 2), Amiano Marcelino (XVII, 7) e Plinio o Vello (Naturalis Historia, V, 36).
Estrabón outorga a Rodas o nome de 'Telchinis' (Τελχινíς), que pode facer referencia aos primeiros habitantes que poboaron a illa, os chamados Telchinos, tamén mencionados por Diodoro de Sicilia. Estes eran Fillos do Mar, os primeiros habitantes da illa, con cabeza de can e aletas de peixe (precisamente unha das metamorfoses habituais de Proteo era a de foca), que foron ademais os primeiros poboadores de Creta. Ao parecer, por mor dos seus conxuros coa auga de Estixia, Zeus mándalles un Diluvio que os dispersa por diferentes puntos da Hélade e Asia Menor. Segundo a tradición criaron e educaron a Poseidon a instancias de Rea, fabricaron o seu tridente e a fouce de pedernal dentado que castrou a Cronos. Unha vez que a illa reemerxe das ondas é ocupada por Helio quen casa coa ninfa Rodo, que nalgunhas versións é filla da unión deste con Halia, unha telquin.
O nome de 'Pellagia' recollido por Amiano Marcelino pode estar en relación coa mítica orixe de Rodas a partir do mar. Pero é Plinio o Vello o que máis noticias nos refire sobre os antigos nomes de Rodas, ben sexan míticos ou reais. Así "vocitata est antea Ophiusa, Asteria, Aethraea, Trinacria, Corymbia, Paeeessa, Atabyria ab rege; deinde Macaria et Oloessa." (Naturalis Historia, V, 36). 260px|miniatura|esquerda|A cidade de Rodas, gravado de 1493 A explicación a estes nomes pode ser a seguinte: - Ophiussa (Οφιουσσα). Pola abundancia de serpes que ao parecer tiña a illa. - Oloessa (Ολóεσσα). Que significa perniciosa ou mortal, quizais polo mesmo motivo das serpes. - Asteria (Αστερíα). Porque brillaba como un astro pola súa beleza e polo predominio do tempo soleado a maior parte do ano. - Trinacria (Τρινακρíα). Porque posúe tres promontorios como Sicilia. - Atabyria (Αταβυρíα). En referencia á súa máis alta montaña ou ao nome do seu máis antigo e lendario rei. - Macaria (Μακαρíα). Porque segundo a tradición é unha illa afortunada como Chipre e Lesbos.
Pero o máis probable é que o nome de Rodas faga referencia á flor ben do granadeiro ou á rosa mesma. De feito, en numerosas moedas rodias a rosa é un elemento iconográfico de primeira orde. Ademais a flor do granadeiro en grego clásico exprésase coa palabra ροια. En calquera caso todas estas explicacións non son máis que conxecturas.
Bosquexo histórico Cara a finais da Idade de bronce (-1550 - -1100) a influencia minoica en Rodas é patente. En -1100 prodúcese a chegada dos dorios, que contribúen ao desenvolvemento dalgunhas cidades da illa como Lindos e Kamiros. Aproveitando o lugar privilexiado que Rodas ten no mapa como encrucillada entre Oriente e Occidente, os dorios favorecen o comercio e desenvolven rutas comerciais que comunican os catro puntos cardinais, especialmente con Exipto e coa Grecia continental.
Datas claveData Acontecemento-305Rodas alíase con Atenas. Construción do Coloso-297Roma conquista Rodas-226 Terremoto sobre a illa. Destrución do Coloso 330 Primeiro período bizantino 961 Segundo período bizantino 1306 Os cabaleiros de S. Xoán de Xerusalén compran a illa 1522 Solimán o Magnífico conquista Rodas 1912 O Imperio Otomán cede a illa a Italia 1943-1945 Rodas baixo ocupación alemá 1945-1947 Administración británica 1947 Rodas intégrase na República helénica 1967-1974 Ditadura dos Coroneis 1981 Entrada de Grecia na CEE 2002 Grecia forma parte da zona euro Durante todo o século -IV e -III, Rodas xoga un papel bastante indeciso desde o punto de vista diplomático. Cara a -480 atopámola aliada dos persas contra os gregos para virar posteriormente ao redor da órbita da Liga de Atenas. Anos máis tarde porase ao lado de Esparta contra Atenas para en -411 inclinarse novamente ao lado de Atenas contra Esparta. Este xogo de alianzas reflíctese tamén na súa estrutura política coa alternancia dun modelo político oligárquico de tipo espartano e un paradigma democrático á ateniense. Esta ambivalencia será a causa de non poucas tensións políticas internas ao longo de toda a primeira metade do século -IV.
Durante o Período helenístico, Rodas permanece á beira de Alexandre o Grande ata a súa morte. Pero en -323, Antígono, un personaxe próximo a Alexandre o Grande, solicita a axuda de Rodas para depor ao rei de Exipto. Pero como Rodas mantén relacións comerciais substanciosas con Exipto, rexeita a petición realizada. Antígono enviará ao seu fillo, Demetrio Poliorcetes, que asediará a illa durante un ano (-305--304). O asedio fracasa completamente e o conflito resolverase pacificamente trala mediación dalgunhas \polis gregas.
Os anos posteriores serán proveitosos grazas á actividade comercial da illa. A cidade de Rodas chegará a ter ata 60.000 habitantes e construiranse nela numerosos teatros, estatuas e templos. En -297 Roma anexiona Rodas.
Tras a caída do Imperio romano, a illa estará dacabalo da dominación ou da influencia de Bizancio, Venecia e Xénova. A súa posición xeográfica entre occidente e Terra Santa convertéraa nun lugar privilexiado e moi visitado durante as Cruzadas.
En 1309, os Cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén establécense en Rodas tras ser expulsados de San Xoán de Acre e de Chipre. Durante este período e ata finais do século XV a illa ve o desenvolvemento dunha arquitectura gótica sen parangón: castelos de Kamiros e Monolithos e as murallas de Lindos.
En 1522 Suleiman I conquista Rodas, os Cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén abandonan a illa para establecerse en Italia e despois en Malta. O período otomán durará ata 1912, ano en que Rodas pasa a mans italianas ata 1943. De 1943 ata 1945 os alemáns ocupan a illa, para ser novamente arrebatada polos ingleses, que exercerán a administración ata 1947 en que se integra a Grecia.
580px|miniatura|none|Castelo dos cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén en Rodas
Referencias antigas Rodas (en grego Rhodos) é coñecida en latín como Rhodus. O seu nome primitivo foi Ofiusa, e despois foi coñecida como Estadía, Telquinis, Asteria, Aethraea, Trinacria, Corymbia, Poieessa, Atabyria, Macaria e Oloessa. A súa montaña máis alta era o Atabyris ou Atabyrion (actualment Attaviros, 1.215 metros), e as cidades estaban situadas na costa.
Historia Historia antiga miniatura|300px|Moeda de Rodas: dracma de padrón ático, coa tradicional rosa no reverso. Ca. 88-42 a. de C. Os seus primitivos habitantes eran os lendarios telquines (telchines) e irían desde Creta. Os telquines eran nove, e unha irmá, Halia, que se emparellou con Poseidón e que tivo seis fillos e unha filla chamada Rhodos que deu o seu nome á illa. É máis probable que o nome derive do grego rhodos (rosa) xa que a rosa aparece como símbolo nas moedas cuñadas en Rodas.
Os seguintes habitantes lendarios foron os heliades (heliadae) que eran sete e foron os devanceiros das sete tribos da illa; emigraron a Lesbos, Cos, Caria, e Exipto.
Tamén a lenda menciona o establecemento de colonias estranxeiras: Exipcios dirixidos por Dánao, fenicios por Cadmo, tesalios e carios.
Finalmente a illa foi dominada polos dorios despois do 1200 a.C..
As tres primeiras cidades eran Lindos, Ialisos e Camiros (latín Lindus, Ialysos e Camyrus) que xunto con Cos, Cnido e Halicarnaso formaron a hexápolis dórica con santuario común na costa de Caria e Apolo como deidade tutelar.
Os rodios fundaron colonias nas Baleares, na costa xerundense, no sur de Italia (Parténope, Salapia, Siris e Síbaris), en Sicilia (Gela), en Cilicia (Soli), e en Licia (Gagae e Corydalla).
En -478 ingresaron na confederación de Delos encabezada por Atenas. As cidades rodias pagaron tributo a Atenas na primeira parte da guerra do Peloponeso, pero en -412 pasáronse aos espartanos despois do desastre da expedición a Sicilia. Un intento de contrarrevolución dos populares, favorables a Atenas, foi sufocado nas tres cidades.
En -408 as tres cidades uníronse e fundaron unha nova cidade, Rodas, no extremo norte da illa, que se converteu en capital dun estado unificado que abrazaba toda a illa.
En -396 Conón cunha frota ateniense presentouse na illa e forzouna a retornar ao seu bando. Estableceuse un goberno democrático que non durou, e en -390 os aristócratas enviados ao exilio seis anos antes regresaron e lograron o poder con axuda espartana.
O excesivo poder de Esparta afastou ao goberno de Rodas desta potencia, e entón achegouse a Atenas, pero en -371 logo da batalla de Leuctra, aliouse con Tebas. Durante a guerra social que durou ata o -355 estivo contra Atenas, instigados polo dinasta de Caria. En -357 caeu en mans do príncipe de Caria Mausolo, conservando, porén, a súa autonomía.
En -342 Mentor de Rodas, un xefe militar que loitara ao servizo de Artabazo II, sátrapa rebelde de Dascilio ou Frigia Helespóntica e máis tarde ao servizo de Exipto axudando ao rei de Sidón, Tabnit II, rebelado contra Persia, obtivo o perdón do rei (que apreciou as súas calidades militares, pois loitando en Sidón derrotara aos sátrapas Mazeos de Cilicia e Belisis de Siria, e só puido ser derrotado polas forzas superiores do exército real persa) que lle enviou a Rodas, que deste xeito converteuse nun estado vasalo de Persia. Mentor fixo chamar ao seu irmán Memnón de Rodas e ao seu cuñado Artabazo II, exiliados a Macedonia, e especialmente o primeiro mostrouse como un xeneral moi hábil, e foi o último xefe dos persas que fixo fronte a Alexandre o Grande, pero á súa repentina morte en -333 deixou Persia a mercé de Alexandre.
A conquista macedonia de Persia implicou tamén o sometemento da illa de Rodas a Macedonia e unha guarnición estableceuse na illa (-332), pero foi expulsada á morte de Alexandre (-323). Desde entón tivo unha política independente aliada cos tolomeos de Exipto que era de interese para o seu comercio.