Arcai é un lugar da parroquia de Bardaos, no concello coruñés de Tordoia, na comarca de Ordes. Na realidade, é un corónimo que abrangue os lugares de Albán, O Barral, O Penedo e Santiavedra.
Historia Arcai (Santa Susana) foi parroquia até finais do século XIX. Incluía, alén do conxunto de lugares hoxe denominado Arcai da parroquia de Bardaos (Albán, O Barral, O Penedo e Santiavedra), o lugar de Arcai de Abaixo (actual Santaia de Gorgullos) e mais as localidades de Salgueiro e A Silveira, de localización incerta.
Lugares e parroquias Lugares de Bardaos
Parroquias de Tordoia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tordoia
Categoría:Lugares de Tordoia Categoría:Parroquias galegas desaparecidas Categoría:Antigas parroquias de Tordoia