Rávena (en italiano Ravenna, en romañolo Ravèna) é unha cidade ao norte de Italia na Emilia-Romaña, é a capital da provincia homónima. Sitúase na chaira nororiental da Romaña, a poucos quilómetros do Mar Adriático. O municipio ten unha poboación de case 160.000 habitantes, dos cales a maior parte viven no núcleo urbano.

Rávena é famosa polos seus monumentos bizantinos e paleocristiáns que revelan a súa orixe antiga e o seu papel histórico no desenvolvemento italiano. A 36 quilómetros da cidade esténdense os lidi ravennati, praias inmensas no verde da famosa costa romañola.

En Rávena atópase enterrado Dante Alighieri, autor d’A Divina Comedia.

Historia miniatura|250px|Torre da Catedral As orixes de Rávena remóntanse á metade do II milenio antes da nosa era. No período romano, a cidade tivo certa importancia estratéxica pola súa situación fronteiriza. En tempos de Xulio César construíuse un porto na localidade veciña de Classe, a uns oito quilómetros do centro de Rávena. No ano 402 o emperador Honorio trasladou trasladou á cidade desde Milán a capital do Imperio Romano de Occidente. A solidez das súas murallas e as excelentes comunicacións do seu porto co Mediterráneo oriental motivaron esta decisión. Logo da desaparición do Imperio Romano de Occidente no 476, a cidade continuou a ser capital dos reinos xermánicos de Italia. Os reis Odoacro (476-493) e Teodorico (493-526) continuaron o engrandecemento da cidade. O reino ostrogodo entrou en crise trala morte de Teodorico. Os bizantinos interviron abertamente na política do reino a partir do 535, en que se desencadean as Guerras Góticas. A cidade será tomada polo xeneral bizantino Belisario no 540. Converterase entón en sé do exarca enviado desde Constantinopla para gobernar Italia. A cidade permanecerá baixo dominio bizantino até o 751, cando é ocupada polos longobardos. Os compases iniciais do exarcado, baixo a autoridade do emperador Xustiniano e da súa esposa Teodora (século VI), sinalan o momento de máximo esplendor da cidade. No século XV pasou aos venecianos e no século seguinte á Igrexa, baixo a que permaneceu ata a Unidade de Italia.

Monumentos Ten importantes edificios paleocristiáns, como o oratorio de San Lorenzo, coñecido como o mausoleo de Gala Placidia, e os baptisterios ortodoxo e ariano. Os edificios máis impoñentes son a basílica ariana, construída por Teodorico (hoxe dedicada a San Apolinar) e a da San Vidal, construída por Xustiniano I.

Nas proximidades da cidade atópase a basílica de San Apolinar, que pertencía ao porto de Clase, hoxe desaparecido. Este edificio é máis antigo que as basílicas da cidade.

Demografía

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Basílica de San Vidal de Rávena Ligazóns externas Municipio de Rávena Provincia de Rávena Ravenna Civic Network RomagnaOggi.it, portal de noticias Rávena Informa

Categoría:Cidades de Italia Categoría:Patrimonio da Humanidade en Italia Categoría:Bizancio Categoría:Concellos da provincia de Rávena