Córico (en latín: Corycus; en grego clásico: Κώρυκος; romanizado como: Kórykos; en armenio: Կոռիկոս; romaniz.: Koṙikos; en turco: Kız Kalesi; literalmente: "Castelo da Dama") foi unha antiga cidade Cilicia Traquea, Anatolia. Situábase na foz do val chamado "Val de Satán" (Şeytan deresi) e, hoxe en día, o lugar está ocupado pola cidade de Kızkalesi (antiga Gorgos), na província de Mersin, en Turquia. Na antigüidade, era considerada unha cidade de Mercurio, onde había un famoso oráculo.Langlois (1861), p. 63
Etimoloxía Descoñécese con exactitude a orixe da etimoloxía da palabra e hai dúas posibles hipóteses. Malia que a hipótese máis admitida até o XIX era que proviña de κρ́οκος (azafrán) porque se sabía que era onde se producía o mellor azafrán de Cilicia, a partir do XIX, se cambiou a Κώρυκος ou κορ́υκιον´que viña designar, tanto no mundo grego antigo coma en Asia Menor, un terreo no que aparecen elevacións ou promontorios, como tamén se dan na zona.Langlois (1861), p. 197
Historia
Antigüidade Na antigüidade, foi unha importante cidade comercial. Despois da conquista de Cilicia por Alexandre Magno no 333 a. C. estivo baixo influencia helenística. Trala morte do rei macedonio, cambiou varias veces de man na guerra que sostuvieron os diádocos.
Etapa romana Durante a conquista romana, tivo unha importancia relativa pois era unha colonia. Porén, puido manter certa autonomía e chegou a cuñar moeda,Langlois (1861), p. 198 segundo refiriron Cicerón, Livio e Plinio o Vello, e das cales se conservan algúns exemplares.
Estrabón non menciona a cidade de Córico directamente, mais si en cambio, fala dun promontorio homónimo da mesma rexión, a Cilicia Traquea, situado a 20 estadios da caverna de Coricia onde existía o oráculo e onde, segundo o mesmo Estrabón, medraba o mellor azafrán do país.Langlois (1861), p. 109 Tito Livio cita que o rei seleúcida Antícoco III na súa expedición a Cilicia tomou, entre outras, as seguintes cidades: Zefiria, Solos, Afrodisias e Córico, a principios de xuño do 197 a. C. Tamén aparece citada por Plinio o Vello, Pomponio Mela e Estevo de Bizancio. Foi o porto de Seleucia, onde no ano 191 a. C. a frota de Antíoco III foi derrotada pola armada romana. esquerda|miniatura|Córico no Atlas antiquus (1865). Cando Cilicia pasou a ser unha provincia romana, Córico si tivo máis relevancia. Os emperadores romanos estableceron unha base naval alí para a loita contra os piratas cilicios. No 102 a. C., Marco Antonio o Orador, foi nomeado pretor con potestade proconsular da rexión de Cilicia, e enviado a loitar contra os piratas que operaban nas súas costas. Conquistou parte da rexión e incorporou a cidade á provincia romana de Cilicia. Tan só, despois da morte de Pompeio o Grande, a actividade dos piratas foi eliminada no ano 67 a. C.
Na época imperial, mantivo as súas antigas leis e os emperadores romanos estacionaron aló unha frota para vixiar os piratas que adoitaban saquear as costas. No 260, Shapur I (reinado de 240–270) realizou unha gran campaña contra Cilicia ao derrotar o emperador Valeriano (reinado de 253–260) na Batalla de Edesa. Córico foi unha das cidades capturadas polos persas nesa campaña aínda que foi liberada pouco despois da vitoria naval de Balista, no mesmo ano.Dodgeon 2002, p. 311, nota 41Potter 2004, p. 259 Posteriormente, a cidade formou parte do Imperio Romano de Oriente e, Xustiniano I, restaurou os baños públicos e un hospital. miniatura|No gravado superior, vista do castelo armenio e, no inferior, ruínas da cidade (Fonte: Voyage dans la Cilicie et dans les montagnes du Taurus, exé cuté pendant les anné es 1852-1853 par ordre de l'Empereur, …, por Victor Langlois, 1861, p. 243). Durante a Idade Media, a través dunha desas alteracións que se adoitaban facer en Oriente, mudou o seu antigo nome polo de Gorigos.
a comezos do século XII, o almirante Eustacios Kimineianos fortificou o lugar seguindo as ordes de Aleixo I Comneno e engadiu un castelo que situou nunha pequena illa. Este castelo foi despois denominado "castelo das doncelas" porque se dicía que un rei mantiña nel cativa á súa filla por mor dunha profecía que afirmaba que morrería pola mordedura dunha serpe velenosa. Malia estar illada no castelo, a serpe entrou no castelo nunha cesta, mordeu á nena e morreu. Córico, foi conquistada polos armenios pouco despois de ser reconstruída polos bizantinos.Edwards (1987), pp. 161-167. Os armenios construíron alí dous castelos, e o rei León I converteuno nun dos feudos máis considerables da súa coroa. Máis tarde, durante varios anos, Gorigos foi ocupada por Pierre de Lusignan, rei de Chipre; pero este lugar, un dos máis importantes do reino de Armenia, foi asediado e tomado por Ibrahim-bey, cara ao final da dominación armenia en Cilicia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Reino Armenio de Cilicia
Categoría:Reino Armenio de Cilicia Categoría:Historia de Turquía