Riás é un lugar da parroquia de Piñeiro, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 51 habitantes (24 homes e 27 mulleres). É o lugar máis próximo á parroquia tudense de Pesegueiro.
Patrimonio Comparte con ese lugar un anaco de ribeira do río Furnia, río troiteiro que agora está ameazado pola instalación dunha estación depuradora de augas residuais. Neste río atópase unha ponte romana que comunica as parroquias de Piñeiro e Sobrada. A cada lado dela hai dous muíños, cunha repartición de uso en horas.
Neste lugar tamén se sitúa un centro terapéutico de drogodependentes, denominado "Alborada". Hai un lavadoiro que agora non se utiliza. Ó carón atópase a poza de Parada que se usa para regar os campos lindeiros.
Lugares e parroquias Lugares de Piñeiro
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño
Categoría:Lugares de Tomiño