Unha insuficiencia cardíaca é unha situación na que o corazón non é capaz de bombear todo o sangue que o organismo precisa para funcionar adecuadamente, ou ben faino cun traballo excesivo. O grao de funcionalidade do corazón defínese pola fracción de exección (porcentaxe de sangue que bombeado en relación á función normal, que representaría o 100%)

Características Ademais dos cambios mecánicos, a insuficiencia cardíaca trae consigo unha serie de cambios hormonais, cos que o organismo trata de paliar a situación, pero que son en última instancia responsabeis de moitos dos síntomas. A insuficiencia cardíaca pode dividirse en dous grandes grupos:

Sistólica: a contracción cardíaca é a parte do ciclo cardíaco máis afectada Diastólica: o corazón contráese adecuadamente, pero ten problemas para relaxarse Tamén podemos dividila en aguda e crónica, segundo se a enfermidade aparece repentinamente ou é un proceso prolongado no tempo.

Causas As causas máis importantes son as relacionadas cunha menor irrigación sanguínea do músculo que forma as paredes cardíacas, responsable da contracción e relaxación.

Infarto de miocardio (causan a maior parte das IC agudas) Hipertensión arterial Enfermidades conxénitas ou causas tóxicas que danen o músculo

Síntomas O síntoma máis frecuente é a dificultade respiratoria (dispnea) debido á acumulación de líquido nos pulmóns (o sangue acumúlase na circulación pulmonar porque o corazón non é capaz de mobilizalo, ocasionando unha alta presión nos capilares, e que o soro sanguíneo "escape" cara ao tecido pulmonar), que aumenta ao deitarse (estes pacientes, cando o seu estado é grave, adoitan ter que durmir sentados ou coa cabeceira da cama elevada). Tamén pode aparecer tose, e cando a insuficiencia empeora bruscamente, edema de pulmón, que consiste nun paso de líquido masivo aos espazos pulmonares, no que a dispnea se volve moi intensa e pode conducir á morte en cuestión de horas se non se trata.

É característico ver as veas xugulares inchadas, o que se coñece como ingurguitación xugular. Outros síntomas menos frecuentes son dor abdominal ou sensación de inchazón, se o sangue se acumula nestas zonas. Por unha falta de rego sanguíneo aos músculos, pode aparecer debilidade, cansazo e impotencia. Se a falta de sangue afecta ao cerebro, aparecerán confusión, dor de cabeza, fallos de memoria, e outras alteracións das funcións superiores.

O corazón pode aumentar de tamaño (hipertrofiarse) para tratar de cubrir as necesidades do organismo, pero isto, a medio prazo, fai que mingüe a súa efectividade.

Tratamento Procedementos cirúrxicos

Se existe unha causa inmediata da IC, como un infarto ou un defecto das válvulas cardíacas, o tratamento será a súa corrección cirúrxica. Emprego de marcapasos Balón de contrapulsación intraaórtico

Tratamento farmacolóxico

Inhibidores do enzima convertidora da anxiotensina (IECA´s) ou antagonistas dos receptores da anxiotensina II (ARA II): actúan sobre as modificacións hormonais Betabloqueantes: reducen a presión arterial Diuréticos: reducen o volume sanguíneo e polo tanto a presión arterial e a conxestión pulmonar e a dispnea. Digoxina: alivia os síntomas, pero non actúa sobre a enfermidade

Medidas hixiénicas

Adecuada actividade física Control do peso e do consumo de sal e de líquidos Emprego de osíxeno se é necesario.

Categoría:Corazón Categoría:Cardioloxía Categoría:Doenzas do sistema circulatorio