A lingua tariana é unha lingua indíxena da familia arauaca en perigo de desaparición, falada no Brasil por unhas 100 persoas (citados en 1996), e outrora tamén en Colombia. Arredor doutras 1.500 persoas na zona alta e media do río Vaupés se identifican como membros do pobo tariana mais non falan a lingua con fluidez. O tariana está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Alexandra Aikhenvald, especialista en linguas arauacas da Universidade La Trobe, fixo unha investigación sobre a lingua tariana que inclúe a publicación dunha gramática e un dicionario tariana-portugués.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Telling the Truth in Tariana - Transcrición do documental da radio ABC The Tariana Language of Northwestern Brazil (na páxina do doutor Aikhenvald) - O dicionario e outros documentos están dispoñibles para descargar

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas do Brasil