Pink and Brown foi unha banda estadounidense de noise rock/punk rock de San Francisco, California, formada en 1997 cando os seus membros mudáronse ao oeste dende Providence, Rhode Island. O grupo estaba composto por Pink (John Dwyer) e Brown (Jeff Rosenberg). Pink tocaba a guitarra e cantaba mentres que Brown tocaba a batería. A banda estaba influenciada polos sons e estilos de artistas como Olneyville Sound System e Lightning Bolt.

Os concertos de Pink and Brown (o primeiro dos cales foi en O'Brien's en Allston, Massachusetts) eran unhas actuacións caóticas e frenéticas de ámbolos dous membros. The San Francisco Bay Guardian describiu o seu son en directo como "a batería folk coreana que se volveu punk". Os dous membros aparecían no escenario con roupas extravagantes que se correspondían cos seus coloridos pseudónimos.

A banda separouse en 2003. Dwyer pasou a tocar con Coachwhips, Yikes! e The Hospitals, e no presente toca con Osees. Rosenberg tocou en Young People e The Jews, e no presente actua con Lavender Diamond. Tamén fai música ambiental de guitarra baixo o seu propio nome. Discografía Álbums Álbum Ano Selo Final Foods 2001 ToYo Pink and Brown/Death Drug 12" Split 2002 Load Records Shame Fantasy II 2003 Load Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de San Francisco Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de art punk Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais formados en 1997