A lingua matsiguenga, tamén coñecida como machiguenga ou matsigenka, é unha lingua da familia arauaca falada no Perú. Pertence ao subgrupo de linguas campa e é falada por 6.200 persoas ao longo do río Manu nos departamentos de Cusco e Madre de Dios.

Segundo Ethnologue, está a sufrir a presión do castelán e do quechua na rexión de Urubamba, pero é activo e saudable na rexión do Manu (a maioría dos falantes son monolingües en matsigenka). É o suficientemente achegada á lingua nomatsiguenga, polo que ás veces se consideran dous dialectos dunha soa lingua; ámbolos dous son falados polo pobo machiguenga. A lingua nanti é parcialmente intelixible mais etnicamente son pobos distintos. O matsiguenga está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Perú