El Progreso foi un periódico editado na Coruña entre 1887 e 1888.

Historia e características Subtitulado Periódico republicano, apareceu en 1887. Seguía a Manuel Ruiz Zorrilla. Aparecía os luns, mércores e venres, e dende febreiro de 1888 pasou a ser diario, cambiando o seu subtítulo por Diario republicano progresista. Entre os seus colaboradores figurou Manuel Casás Fernández. O último número coñecido é o 80 que apareceu o 9 de maio de 1888. Os caixistas do periódico publicaron unha carta en A Fuliada o 17 de maio acusando ao editor Castro de que non lles pagaba.A Fuliada, 17-5-1888, p. 2. Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1887 en Galicia