dereita|thumb|Concepción artística da telecinesia espontánea da revista francesa La Vie Mysterieuse (1911). A telecinesia é o movemento ou distorsión de obxectos co poder da mente, un feito considerado un engano pola maioría da comunidade científica pero que é defendido polos estudosos da parapsicoloxía. A primeira mención ao termo data dun escrito de 1890 de Alexander N. Aksakof.Myers, Frederic William Henry (decembro de 1890). Proceedings. Londres, Inglaterra: the journal of the Society for Psychical Research. Orixinalmente, facía mención a movementos causados por seres sobrenaturais (anxos, demos ou espíritos) pero máis adiante pasou a significar a modificación consciente de corpos físicos sen tocalos, só coa enerxía saída do cerebro.
Non hai ningún experimento aceptado universalmente que probe a existencia deste fenómeno, posto que as probas e observacións ou ben non eran replicábeis ou tiñan carencias metodolóxicas que invalidaban as súas conclusións. Os psicólogos explican a crenza na telecinesia pola tendencia a buscar patróns explicativos de sucesos anormais (clustering illusion)Blackmore, Susan J. (1992). "Psychic Experiences: Psychic Illusions". Skeptical Inquirer 16: 367–376. ou polo que rodea o espectáculo da maxia, que causa unha suspensión da credulidade. James Randi Educational Foundation ofrece un premio dun millón de dólares a quen poida demostrar sen dúbidas a existencia da telecinesia ou outras actividades similares, até o momento sen outorgar.
A telecinesia na ficción Os poltergeist e outros sucesos parecidos poden incluírse dentro da telecinesia, amplamente presente na ficción, incluíndo por exemplo:
Carrie (1976), de Stephen King A guerra das galaxias Yumi en Código Lyoko Varios Pokémon Magos mitolóxicos, como Merlín, ou modernos, como Lord Voldemort Akira Looper (2012), de Rian Johnson Matilda de Roald Dahl O anel de The Crazy Haaks 2 Jean Grey dos X-Men e Scarlet Witch dos Avengers nos cómics de Marvel.
Notas
Categoría:Pseudociencia