A torinói ló é un filme húngaro de 2011 dirixido por Béla Tarr e Ágnes Hranitzky, e protagonizado por János Derzsi, Erika Bók e Mihály Kormos. Foi escrito por Tarr e o seu colaborador habitual László Krasznahorkai. Lembra as azoutas a un cabalo na cidade italiana de Turín que se rumorea que causou a quebra mental do filósofo Friedrich Nietzsche. O filme está en branco e negro, rodado en só 30 tomas longas polo camarógrafo habitual de Tarr, Fred Kelemen,The Turin Horse, by Jonathan Romney, Screen Daily, 15 de febreiro de 2011 e representa a vida cotiá repetitiva do propietario do cabalo e da súa filla.

Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 84ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes János Derzsi como Ohlsdorger (o pai) Erika Bók como a filla de Ohlsdorger Mihály Kormos como Bernhard (o veciño) Mihály Ráday como narrador

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes dirixidos por Béla Tarr Categoría:Filmes rodados en Hungría Categoría:Filmes ambientados no século XIX