Redl ezredes (en ) é un filme húngaro de 1985 dirixido por István Szabó. A trama, ambientada no período anterior á primeira guerra mundial, segue o ascenso de Alfred Redl, un oficial no Imperio Austrohúngaro. Redl, de orixe humilde, ingresa na escola militar de neno e comeza unha ilustre carreira militar en virtude da súa lealdade á coroa. É nomeado xefe dunha unidade de recollida de intelixencia, pero a súa atracción polos homes finalmente provoca a súa caída. O guión, vagamente inspirado na obra do dramaturgo británico John Osborne, A Patriot for Me, recolle o aumento das tensións interétnicas en Austro-Hungría, que provocaron o asasinato en Saraxevo e a eventual desintegración do imperio. Está protagonizado por Klaus Maria Brandauer, Jan Niklas e Gudrun Landgrebe.

Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 59ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Sinopse Alfred Redl, un neno ruteno procedente de Galicia no Imperio Austrohúngaro, gaña un nomeamento nunha prestixiosa academia militar a pesar de ser fillo dun campesiño. Á súa saída da casa, a súa nai incúlcalle eterna gratitude cara ao emperador Francisco Xosé I de Austria. Redl nunca debe esquecer que lle debe a súa prometedora carreira ao emperador.

Personaxes Klaus Maria Brandauer como Coronel Alfred Redl Hans Christian Blech como Xeneral Von Roden Armin Mueller-Stahl como Arquiduque Franz Ferdinand Gudrun Landgrebe como Katalin Kubinyi Jan Niklas como Coronel Kristóf Kubinyi László Mensáros como Coronel Ruzitska András Bálint como Capitán Dr. Gustav Sonnenschein László Gálffi como Alfredo Velocchio Dorottya Udvaros como Clarissa Károly Eperjes como Tenente Jaromil Schorm Róbert Rátonyi como Barón Ullmann Flóra Kádár como irmá de Redl

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 58ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes dirixidos por István Szabó Categoría:Filmes ambientados en Austria Categoría:Filmes sobre suicidio