Bulldozer é un EP da banda estadounidense de noise rock Big Black, publicado en 1983 a través dos selos Ruthless Records, Fever Records e Touch and Go Foi o seu primeiro lanzamento en contar cunha banda real, contando con Pat Byrne de Urge Overkill tocando a batería nalgunhas cancións ademais da caixa de ritmos Roland TR-606 que proporcionaba pistas rítmicas en todos os discos de Big Black.

En Bulldozer, o fundador e líder de Big Black Steve Albini conseguiu un característico son metálico coa súa guitarra usando púas de metal adentadas, creando o efecto de dúas púas pulsando as cordas á vez. O EP Bulldozer gravouse co enxeñeiro Iain Burgess e lanzouse en decembro de 1983, coas duascentas primeiras copias empaquetadas nunha funda de chapa galvanizada en homenaxe ao Metal Box de Public Image Ltd. Moitas das letras do EP mostraban escenarios extraídos da educación rural de Albini, como "Cables", que describía o sacrificio de vacas nun matadoiro de Montana, e "Pigeon Kill", sobre unha cidade rural de Indiana que se enfrontou a unha superpoboación de pombas dándolles de comer millo envelenado. A última canción do EP, "Jump the Climb", foi gravada por Albini antes da incorporación dos seus compañeiros de banda.

Albini chamou orixinalmente ao EP Hey Nigger porque "calquera persoa o suficientemente estúpida como para sentirse ofendido por ese título é parte do problema... É mellor enfrontarse a cousas como esta. Por suposto que creo que xulgar á xente pola cor da súa pel é absurdo". Con todo, os seus compañeiros de banda fixéronlle cambiar o título.

Bulldozer foi posteriormente compilado co anterior EP de seis cancións de Big Black, Lungs, no LP de 1986 The Hammer Party. A versión en CD tamén incluía o seguinte EP de Big Black, Racer-X.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:EPs de Big Black Categoría:EPs musicais de 1983 Categoría:EPs de Touch and Go Records