Manthan (en ) é un filme indio de 1976 rodado en lingua hindi e dirixido por Shyam Benegal. Inspírase na historia real do pioneiro movemento cooperativo de leite de Verghese Kurien, e está escrito conxuntamente por el e Vijay Tendulkar.

Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 50ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences Unha versión restaurada estreouse na sección Clásicos de Cannes do Festival de Cinema de Cannes 2024.

Personaxes Girish Karnad como Dr. Rao Kulbhushan Kharbanda como Sarpanch Smita Patil como Bindu Naseeruddin Shah como Bhola Mohan Agashe como Deshmukh Anant Nag como Chandavarkar Amrish Puri como Mishraji Rajendra Jaspal como marido de Bindu Abha Dhulia como Shanta Sadhu Meher como Mahapatra Anjali Paigankar

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 50ª edición dos Óscar Bibliografía Shyam Benegal's the Churning (Manthan): Screenplay, por, Vijay Tendulkar, Shyam Benegal, Samik Banerjee. Seagull Books, 1984. .

Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Shyam Benegal