O paseo marítimo de Samil é unha vía peonil ao longo do litoral fronte á ría de Vigo, en Vigo. Este espazo público costeiro está construído na zona urbana e semiurbana da cidade na súa faciana sur, e percorre principalmente a praia de Samil. O paseo é un dos lugares onde se celebra o festival de deportes urbanos O Marisquiño.
Historia O paseo de Samil foi ordenado polo alcalde Rafael Portanet e conceptualizado polo arquitecto madrileño Emilio Garrido no ano 1969. Ademais do paseo, o alcalde mandou construír varios aparcadoiros, vestiarios, zonas de xardíns, vestiarios e restaurantes. Nese mesmo ano, ademais, foi inaugurado un novo vial de acceso á praia, a avenida de Samil.
A construción do paseo supuxo a urbanización do litoral sur vigués, que daquela estaba composto por praias virxes, piñeirais e zonas dunares. A actuación sobre o areal para construír a paseo foi bastante controvertido, chegando a ser rexeitado por grandes persoeiros de xeito público, entre os que destacaron Valentín Paz Andrade ou Eduardo Blanco Amor.
Malia as críticas, o alcalde Portanet e o seu equipo de goberno fixeron caso omiso e continuaron as obras.
Finalmente, e sen inauguración oficial, foi estreado o paseo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos O Marisquiño Verbum - Casa das palabras Praia de Samil
Categoría:Rúas de Vigo