Sahib Bibi Aur Ghulam (en ) é un filme indio de 1962 rodado en lingua hindi e dirixido por Abrar Alvi e producido por Guru Dutt, quen tamén é protagonista xunto con Meena Kumari, Rehman e Waheeda Rehman. O filme, que se basea na novela en lingua bengalí Saheb Bibi Golam (1953) de Bimal Mitra, é a segunda adaptación logo do filme filme homónimo de Saheb Bibi Golam protagonizado por Sumitra Devi, Uttam Kumar e Chhabi Biswas. Logo de ler a novela e ver a súa versión escenificada, Dutt quixo adaptala. Foi ambientada no século XIX durante o Raj Británico e céntrase en Bhoothnath (Dutt), que coñece a Chhoti Bahu ( Kumari), a solitaria esposa dun zamindar (Rehman). A película segue o esforzo de Chhoti Bahu por manter o seu marido, ao que lle gusta beber e ver actuar a tawaif. Ela vólvese adicta ao alcohol, levando a ambos á bancarrota.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 35ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Personaxes O elenco está composto por:
Meena Kumari como Chhoti Bahu Guru Dutt como Atulya "Bhoothnath" Chakraborty Rehman como Chhote Babu Waheeda Rehman como Jabba D. K. Sapru como Majhle Babu Harindranath Chattopadhyay como Ghari Babu Pratima Devi como Badi Bahu S. N. Banerjee como condutor Nazir Hussain como Subinay Babu Dhumal como Bansi Minoo Mumtaz como bailarina na canción "Saakiya Aaj Mujhe" Chanda como Chinta
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 35ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 1962 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes rodados en Bombai Categoría:Filmes ambientados no Raj Británico Categoría:Filmes sobre alcoholismo