Abejorral é un concello de Colombia, localizado na subrexión leste do departamento de Antioquia. Limita polo norte cos concellos de Montebello, La Ceja, El Carmen de Viboral e La Unión, polo leste co concello de Sonsón, polo sur co departamento de Caldas e polo oeste cos municipios de Santa Bárbara e Montebello. A súa cabeceira municipal dista 86 quilómetros de Medellín, capital do departamento de Antioquia e a 64 quilómetros do aeroporto internacional José María Córdova.

O municipio posúe unha extensión de 502 quilómetros cadrados e conta cunha poboación de 20 287 persoas (2018), das cales 7 910 viven na zona urbana e 12 377 na zona rural.

Demografía

Notas

Categoría:Concellos de Antioquia