Kheili dour, Kheili nazdik (en ) é un filme iraniano de 2005 dirixido por Reza Mirkarimi. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Un neurólogo arrogante debe examinar o sentido da súa vida cando o seu fillo é diagnosticado cun tumor cerebral inoperable. A súa andaina polo deserto para poñerse ao día coa viaxe de campo de astronomía do seu fillo lévao a atopar unha serie de persoas aparentemente comúns que desafían os seus puntos de vista e valores.
Elenco Masoud Rayegan Afshin Hashemi Elham Hamidi Ashkan Khatibi Mohammadreza Najafi
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes dirixidos por Reza Mirkarimi