Bîranînen li ser kevirî é un filme iraquí-alemán de 2014 rodado en lingua kurda e dirixido por Shawkat Amin Korki. Foi producido por mitosfilm e mitosfilm Iraq. O filme describe a loita de dous compañeiros de escola, Alan e Hussein, por facer un filme de posguerra sobre as atrocidades contra a poboación kurda iraquí na operación al-Anfal durante o réxime de Saddam Hussein.

Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Elenco Hussein Hassan Nazmi Kirik Shima Molaei Ala Riani

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Iraq propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua kurda Categoría:Filmes de Iraq Categoría:Filmes de Alemaña