Abeni é un filme beninés-nixeriano de 2006 producido e dirixido por Tunde Kelani. Describe a división social por mor de colonialismo a pesar da proximidade xeográfica entre Benín e Nixeria.
Sinopse Conta a historia de Abeni, unha muller que naceu no seo dunha familia acomodada. Ela coñece a Akanni, que procede dunha clase social máis baixa. Ámbolos dous están prometidos para casar con outras persoas, mais o seu encontro cambia o rumbo destes plans xa marcados.
Personaxes Kareem Adepoju como Baba Wande Abdel Hakim Amzat como Akanni Sola Asedeko como Abeni Samuel Ajirebi Jide Kosoko como pai de Abeni Bukky Wright Idowu Philips Ayo Badmus Moufoutaou Akadiri Aboh M. Akinocho
Notas
Véxase tamén Bibliografía World Cinema versus Subjectivity: How to Read Tunde Kelani's Abeni Author(s): Kenneth W. Harrow Source: Black Camera, Vol. 5, No. 2 (Spring 2014), pp. 151–167 Publicado por: Indiana University Press
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua yoruba Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Benín Categoría:Filmes de Nixeria