O Lago Isabella é un corpo de auga situado en California, na confluencia das bifurcacións norte e sur do río Kern ao sur das montañas da Serra Nevada, no terreo coñecido como Kern Valley ou Hot Springs Valley.

Historia

Os rexistros dos primeiros en asentarse neste punto xeográfico indican aos indíxenas Tübatulabal e Kawaiisu. En 1953 finalizou a construción do encoro Isabella como encargo ao Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos para protexer das inundacións os asentamentos próximos, o que transformou os empregos da área centrados dende entón na economía turística ao redor do novo lago Isabella. Durante a construción do encoro a previa cidade de Isabella, fundada por Steven Barton en 1893 e bautizada na honra á raíña Isabel I de Castela, foi obrigada a moverse uns 2,4 km ao sur do lugar orixinal. A oficina de correos Isabella, que abrira en 1896, funcionaba no novo lugar; o nome da cidade cambiouse a Lake Isabella, facendo homónimo co novo lago en 1957.

Durante o 2023 o lago Isabella foi emblema da crise de seca no país, cando en setembro dese ano chegou a estar a só un 8 % da súa capacidade, revelando consigo o novo pobo pantasma de Whiskey Flat, asentamento creado durante a febre do ouro en 1940.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Hidrografía

Categoría:Lagos dos Estados Unidos de América Categoría:Xeografía de California