Michael Frederic Guyer, nado en Plattsburg (Missouri) o 17 de novembro de 1874 e finado en New Braunfels (Texas) o 1 de abril de 1959, foi un citólogo e zoólogo estadounidense. Traxectoria
Guyer foi profesor de zooloxía da Universidade de Wisconsin.Thompson, Goldianne. (1968). Biography of the Guyers. Monitor Publications. p. 144 En 1902, descubriu independentemente as leis da herdanza (leis de Mendel, descubertas por Mendel no século XIX, pero que pasaron desapercibidas moito tempo) a partir do estudo da citoloxía da espermatoxénese en pombas híbridas.Bungener P; Buscaglia, M. (2003). Cytology and Mendelism: Early Connection Between Michael F. Guyer's Contribution. Hist Philos Life Sci 2 :27-50.Forsdyke, Donald R. (2011). Evolutionary Bioinformatics. Springer. pp. 176-177.
Entre 1918 e 1924, Guyer, xunto con Elizabeth A. Smith, realizou experimentos que intentaban demostrar o lamarckismo, nos cales se inxectaron a coellas preñadas anticorpos séricos para a proteína do cristalino de coello de aves de curral, o cal tivo como resultado defectos oculares nalgúns dos descendentes dos coellos que se herdaron durante oito xeracións. Os seus experimentos foron criicados e non puideron ser replicados por outros científicos.<ref>Medawar, Peter (1985) [Publicado orixinalmente en 1983]. Aristotle to Zoos: A Philosophical Dictionary of Biology. Oxford Paperbacks (edición reimpresa). Cambridge, MA: Harvard University Press. p. 169. .</ref>
Guyer foi un euxenista.Beetham, Margaret; Heilmann, Ann. (2004). New Woman Hybridities: Femininity, Feminism, and International Consumer Culture, 1880-1930. Routledge. p. 254.
Publicacións
Animal Micrology: Practical Exercises in Microscopical Methods (1906) Laboratory Outlines for Physiology (1906) Being Well-Born: An Introduction to Eugenics (1916) Animal Micrology: Practical Exercises in Zoölogical Micro-Technique (1917) Animal Biology (1937) Speaking of Man: A Biologist Looks at Man'' (1942)
Notas
Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Bioloxía celular Categoría:Lamarckismo Categoría:Euxénese