José Antonio Lombardero Cabodevila, nado en Vilameá (A Pontenova) cara a 1904, foi un obreiro e sindicalista galego.
Traxectoria Fillo de Amalia Lombradero. Veciño de Vilameá. Vicesecretario do Sindicato de Obreros Mineros de Lugo Sección Pontenova da UGT e vicesecretario da Agrupación Socialista Obrera La Lucha de Villaodrid y Vilameá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na Prisión de Lugo o 28 de xullo. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 228/36, foi condenado a cadea perpetua. Saíu en liberdade condicional o 23 de agosto de 1940. En maio de 1945 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 6-5-1945, p. 1593.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Censo de represaliados de la UGT
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en ano descoñecido