Thirteen Tales from Urban Bohemia é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock The Dandy Warhols, publicado o 12 de xuño de 2000 a través do selo Capitol Records.

É o álbum que os fixo famosos, en gran parte grazas á canción "Bohemian Like You" que apareceu nun anuncio de Vodafone. Do álbum lanzaron catro sinxelos: "Get Off", "Bohemian Like You", "Godless" e "Horse Pills" (o último só en Australia).

Este é o primeiro álbum da banda que conta co seu novo batería Brent DeBoer, curmán de Taylor-Taylor, que se uniu á banda tras a marcha do batería orixinal, Eric Hedford, durante a xira do seu anterior álbum de estudio.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Dandy Warhols Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums producidos por Dave Sardy Categoría:Álbums de Capitol Records