Isolation Drills é o décimo segundo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Guided by Voices, publicado o 4 de abril de 2001. Foi o seu segundo e derradeiro disco editado polo selo TVT Records e tamén o segundo en contar cun gran produtor de rock, sendo neste cado Rob Schnapf. Foi o seu primeiro álbum en entrar na lista Billboard 200, chegando ao número 168. O álbum conta con destacadas contribucións instrumentais de Elliott Smith e David Sulzer. O anterior membro da banda Tobin Sprout tamén regresou como convidado e contribuíu tocando o piano. Aínda que Jim MacPherson toca a batería no álbum, o seu substituto Jon McCann aparece nas fotos do libreto, xa que MacPherson deixou a banda inmediatamente despois da gravación para centrarse na súa vida familiar.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Guided by Voices Categoría:Álbums musicais de 2001 Categoría:Álbums producidos por Rob Schnapf Categoría:Álbums de TVT Records