Daniel Gómez Mariño, nado en Ordes o 16 de xaneiro de 1991, é un informático e escritor galego. Traxectoria
Estudou no CEIP Campomaior (Primaria), no IES Maruxa Mallo (Secundaria) e no IES de Ordes (Bacharelato). Realizou un ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos e Redes no IES San Clemente de Santiago de Compostela. Traballou en Correos, primeiro como carteiro no concello de Cerceda e despois nas oficinas en Santiago de Compostela. Na actualidade compaxina o seu traballo coa súa faceta de escritor. Obra Relatos de Manuel Mariño (Medulia, 2023), libro baseado en contos que lle contaba seu avó na aldea do Casal. Notas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Ordes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes