Cesuras foi un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. O 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión do concello co de Oza dos Ríos polo que se creou o concello de Oza Cesuras.DECRETO 83/2013, do 6 de xuño, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Oza dos Ríos e Cesuras e se constitúe o municipio de Oza-Cesuras., DOG, 7 de xuño de 2013.

Segundo o IGE en 2013 tiña 2131 habitantes (2174 no 2012, 2225 no 2011, 2209 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

Xeografía Situación O concello tiña 79,46 km², repartidos en trece parroquias. Limitaba ao norte co Concello de Oza dos Ríos, ao sur con Mesía, ao leste, con Curtis e ao oeste con Abegondo.

Orografía Estaba formado fundamentalmente por terras de montaña, aínda que contaba tamén con outeiros e chans fértiles cun clima morno e de boa ventilación. Os cumios máis importantes eran os montes de Seixas, San Gregorio, Alto da Espenuca, Montouro, Montevello e o Pico de Medela. Entre os seus vales, destacaba o de Filgueira de Barranca.

Hidrografía miniatura|250px|esquerda|Fervenza do Mendo. O Mero, que nace na Tieira (Borrifáns) e vai cara ao sur, servía de límite natural polo oeste con Abegondo.

O río Mendo nace nas proximidades da Illana (Curtis), percorrendo o concello polas parroquias de Filgueira de Barranca, Bragade e Trasanquelos, indo cara a Oza dos Ríos. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía (antigo salto de corrente eléctrica), o muíño de Delgado (abandonado), e en Trasanquelos, no cruzamento da estrada a Curtis, o muíño de Buxía.

O río Corveiro, afluente do Mero, nace en Dordaño (Os Leiros e Castelo). O río de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos.

Demografía

Historia Conserva Cesuras castros que falan de vellos asentamentos, se ben a súa historia comeza a singularizarse a partir da época cristiá, ó estar rodeadas estas terras de importantes mosteiros coma o de Sobrado dos Monxes ou San Salvador de Cis, que exercen xurisdición sobre elas. Logo dos mosteiro virá o tempo dos señorios, Andrade e Traba repartirán este territorio.

En febreiro de 1809, a xente das parroquias de Carres, Cesuras, Mandaio, Trasanquelos,Loureda e Dordaño, movida polos párrocos, fai desaparecer dous escuadróns do tren de artilleria do sexto corpo do exército francés que ocupaba Galiza baixo o mando do mariscal Ney. Os soldados son soterrados nun piñeiral e o equipamento enviado ó marqués da romana que organizaba exército en Portugal. Só se salvou un cabo que dá conta do feito, provocando a represión sobre os homes e as mulleres das aldeas., Adriano (1910). "Sobre la desaparición de dos escuadrones del tren de artillería del ejército francés, en la provincia de Betanzos, los cuales pertenecían al 6.º Cuerpo del mando del Duque de Elchingen" . Boletín de la Real Academia Gallega 39.

Esta foi terra de acción da IV agrupación do exército guerrilleiro de Galiza, até a súa desaparición en 1947.

Fusión con Oza dos Ríos En marzo de 2012 iniciou un proceso de fusión xunto ao veciño concello de Oza dos Ríos"Oza y Cesuras abren la espita de las fusiones entre ayuntamientos", artigo en La Voz de Galicia, 14 de marzo de 2012 ..

O 11 de xaneiro de 2013 o Concello de Cesuras aprobou en pleno da corporación municipal a súa fusión co Concello de Oza dos Ríos"El PP aprueba en solitario la fusión definitiva de los concellos de Oza y Cesuras", artigo en La Voz de Galicia, 11 de xaneiro de 2013 .. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos polo que se creou o concello de Oza Cesuras.

Galería de imaxes

Parroquias do antigo concello Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cesuras Borrifáns (San Pedro) | Bragade (San Mamede) | Carres (San Vicenzo) | Cutián (Santa María) | Dordaño (Santa María) | Figueredo (Santa María) | Filgueira de Barranca (San Pedro) | Filgueira de Traba (San Miguel) | Loureda (Santo Estevo) | Mandaio (San Xiao) | Paderne (Santiago) | Probaos (Santaia) | Trasanquelos (San Salvador)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sanatorio Antituberculoso de Cesuras en Proxecto ARGA.

Cesuras