Javier Fontán Mondragón, nado en Vilagarcía de Arousa o 11 de febreiro de 2000, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Pontevedra, da Segunda Federación.

Traxectoria Fillo do futbolista Javier Fontán Santos, comezou a xogar ao fútbol xunto ao seu irmán xemelgo José no San Miguel de Deiro, club da parroquia homónima do que o seu tío Venerando era o presidente. Máis tarde ingresaron na canteira do Arousa, club no que militara seu pai durante anos.

No verán de 2011 ficharon polo Celta de Vigo, despois de destacar nun torneo en Pontevedra no que chamaron a atención de Toni Otero. Militou oito anos nas categorías inferiores do Celta de Vigo, ata chegar á División de Honra Xuvenil. En febreiro de 2019 regresou ao Arousa, e tras pasar brevemente polo xuvenil, debutou co primeiro equipo na Terceira División na tempada 2019/20. Na tempada 2021/22 militou na Segunda División RFEF, despois de conseguir o ascenso na campaña anterior. A continuación pasou polo Real Avilés e o Talavera de la Reina, antes de volver en 2024 a Galicia para asinar co Pontevedra.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Futbolistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Xogadores do Real Avilés CF Categoría:Xogadores do CF Talavera de la Reina Categoría:Xogadores do Pontevedra CF