American Dream é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock LCD Soundsystem, publicado o 1 de setembro de 2017 a través dos selos DFA Records e Columbia Records. Foi anunciado o 5 de xaneiro de 2016, o día despois de que se revelase a reunión do grupo tras cinco anos disolto. ë o primeiro álbum de estudio da banda en sete anos, despois de This Is Happening (2010). O disco chegou ao número 1 da lista Top Rock Albums e foi o primeiro álbum de LCD Soundsystem en chegar á cima da Billboard 200 estadounidense.

Antes do seu lanzamento, LCD Soundsystem actuou en grandes festivais ademais de realizar concertos máis pequenos para promover a súa reunión. "Call the Police" e "American Dream" publicáronse xuntas como o sinxelo principal do álbum o día 5 de maio de 2017, e "Tonite" editouse como segundo sinxelo o 16 de agosto. "Oh Baby" aparecería posteriormente como sinxelo o 20 de setembro de 2018. O álbum recibiu unha ampla aclamación dos críticos musicais, apareceu en moitas listas de fin de ano e foi nomeado "Álbum do ano" por Mojo e Uncut. O álbum funcionou ben comercialmente e converteuse no primeiro álbum número un da banda nos Estados Unidos, Canadá e Portugal. Na 60ª edición dos premios Grammy, o álbum foi nomeado ao mellor álbum de música alternativa e "Tonite" gañou o premio Grammy á mellor gravación de dance.

American Dream está incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die do Robert Dimery.

Listaxe de cancións En edicións dixitais o título do álbum e os nomes das cancións aparecen escritos con minúsculas.

Notas

Categoría:Álbums de LCD Soundsystem Categoría:Álbums musicais de 2017 Categoría:Álbums producidos por James Murphy Categoría:Álbums de DFA Records Categoría:Álbums de Columbia Records