Kwasi Sibo, nado en Wa o 24 de xaneiro de 1998, é un futbolista ghanés que xoga como centrocampista no Real Oviedo.

Traxectoria

Comezou a súa carreira futbolística no Cheetah FC de Ghana antes de pasar polo Banants da Premier League armenia. En 2018 asinou polo Watford da Premier League inglesa.

En xaneiro de 2019 fichou polo Skënderbeu Korçë da Superliga albanesa, cedido ata o final da tempada. A tempada seguinte pasou un tempo adestrando co Udinese antes de marchar a España, onde se incorporou como cedido ao Ibiza, no que permaneceu dous anos.

En agosto de 2021 asinou co Real Betis, sendo destinado ao filial da Primeira División RFEF.

En setembro de 2022 fichou polo Amorebieta, tamén de Primeira Federación. Cun total de 36 partidos na súa pirmeira tempada, contribuíu ao ascenso do club a Segunda División, pero descendeu na seguinte.

O 4 de xullo de 2024 fichou polo Real Oviedo.

Vida persoal É irmán menor do tamén futbolista Simon Zibo.

Notas

Categoría:Nados en Ghana Categoría:Nados en 1998 Categoría:Futbolistas de Ghana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Watford FC Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Ghana Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026