Wild Beasts foi unha banda inglesa de indie rock formada en 2002 en Kendal. Lanzaron o seu primeiro sinxelo, "Brave Bulging Buoyant Clairvoyants", a través do selo Bad Sneakers Records en novembro de 2006, e posteriormente ficharon por Domino Records. O grupo publicou cinco álbums aclamados pola crítica, Limbo, Panto en 2008, Two Dancers en 2009, Smother en 2011, Present Tense en 2014 e Boy King en 2016. Two Dancers foi nomeado para o Mercury Prize. No ano 2017 os seus membros decidiron poñer fin á banda de xeito amigable, realizando o seu derradeiro concerto en febreiro de 2018.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Limbo, Panto 2008 Domino Records Two Dancers 2009 Domino Records Smother 2011 Domino Records Present Tense 2014 Domino Records Boy King 2016 Domino Records

Notas

Categoría:Grupos musicais do condado de Cumbria Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais formados en 2002