Mónica Prego Franqueira, nada en Mercurín (Ordes) en 1975, é unha cociñeira e escritora galega.
Traxectoria
Criouse en Mercurín e graduouse en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade da Coruña e máis adiante fixo un mestrado en Auditoría e Control de Contas na Universidade de Santiago. Traballou no Reino Unido uns anos e, ao regresar, comezou a publicar desde 2017 cousas sobre cociña no blog Pandebroa, que compaxinaba co seu traballo.
En 2024 publicou A carón do lume: receitas galegas, humildes e tradicionais, que pretende espertar un recordo, transmitir o sentir e a historia que vai de par de cada unha delas, as receitas que as avoas facían a carón da lareira, o centro das casas.
Obras
A carón do lume (2024). Vigo: Galaxia. 200 páxs. ISBN 978-84-1176-250-2.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ordes Categoría:Cociñeiros de Galicia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña