The "Chirping" Crickets é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock and roll The Crickets, liderada por Buddy Holly, publicado o 27 de novembro de 1957 a través do selo Brunswick Records. Foi o único álbum editado polo grupo con Holly en vida. En 2012 puxérono no posto 420 da lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos da revista Rolling Stone. Tamén aparece no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.

No Reino Unido o disco foi lanzado en 1958. Foi reeditado por Coral Records en 1962 como Buddy Holly and the Crickets. Tras estar descatalogado durante moitos anos, foi remasterizado e reeditado en CD en 2004 con cancións extra.

En xullo de 2019, o álbum foi o tema do documental da BBC Four Classic Albums: The Crickets: The 'Chirping' Crickets.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Crickets Categoría:Álbums musicais de 1957 Categoría:Álbums producidos por Norman Petty Categoría:Álbums de Brunswick Records