dereita|miniatura|Estríxiles e esponxas (1879), de Lawrence Alma-Tadema Un estríxil (do latín strigilis, en grego στλεγγίς) é unha rascadeira de metal longa e fina que na cultura grecorromana os atletas usaban para limpar o corpo manchado de area e aceite.
Foi utilizado primeiro polos etruscos despois dos seus combates e posteriormente polos romanos, como forma de lavárense nas súas termas.
Debido a que até a época imperial descoñecían o xabón (e o seu uso nunca estivo moi difundido), os romanos untaban o corpo en aceite e logo retirábano co estríxil.
Na cultura grega era tradición que os atletas saísen á area cubertos por óleos. Ao final da competición retirábanos cerimoniosamente do corpo xunto co po e a sucidade. Este ritual é o que plasmou Lisipo no seu Apoxiomeno.
Con todo, algunhas fontes clásicas, como Aristóteles, indican que o estríxil tamén podía ser usado antes do baño sen previa aplicación de aceites para favorecer a transpiración e retirar as capas de pel morta. Ante o abrasivo do método, Hipócrates recomenda empregar a esponxa no seu lugar, especialmente no caso de enfermidade cutánea aguda.
Sarcófagos Chámase sarcófago con estríxiles cando está tallado con sucos paralelos en forma de S que lembran ás marcas deixadas polos mesmos. Servía con frecuencia como motivo decorativo de sarcófagos romanos e paleocristiáns.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Grecia antiga Roma antiga
Categoría:Deporte na Grecia antiga Categoría:Hixiene persoal