Dexys Midnight Runners (no presente Dexys, o seu antigo alcume, estilizado sen un apóstrofe) é unha banda inglesa de pop rock, con influencias soul, procedente de Birmingham e que tivo un grande éxito comercail de principios a mediados dos anos 80. O grupo é moi coñecido no Reino Unido grazas aos seus temas "Geno" e "Come On Eileen", que acadaron o número 1 da lista británica de sinxelos, entrando outros 6 sinxelos da banda no top 20. "Come On Eileen" tamén foi número 1 na lista estadounidense Billboard Hot 100, e, cunha ampla reprodución na MTV, están asociados coa Segunda Invasión Británica.Graff, Gary (28 de agosto de 1986). "The Second British Invasion: New wave now an old ripple". Spokane Chronicle

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Searching for the Young Soul Rebels 1980 Parlophone, EMI Too-Rye-Ay 1982 Mercury Records Don't Stand Me Down 1985 Mercury Records One Day I'm Going to Soar 2012 BMG Let the Record Show: Dexys Do Irish and Country Soul 2016 100%, The Orchard The Feminine Divine 2023 100%, The Orchard Love 2026 Heavenly Recordings

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Birmingham Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de música celta Categoría:Grupos musicais formados en 1978