Pierre Ianni, nado en Italia en 1952, é un enxeñeiro e executivo francés. Foi director da fábrica de automóbiles Citroën en Vigo de 2007 a 2011.

Traxectoria Este enxeñeiro, nado en Italia, pero criado e formado en Francia, ingresou na empresa PSA Peugeot Citröen en 1978, e dende entón desempeñou distintos cargos de responsabilidade na firma. Con destreza para os idiomas, en 2003 accedeu á dirección da fábrica que a compañía francesa ten en El Palomar (Arxentina).

En xaneiro de 2007 foi designado pola empresa como director da planta viguesa, cargo que ocupou o 1 de marzo. Substituíu no cargo ao tamén enxeñeiro Javier Riera.

Foi substituído en 2011 polo vigués Juan Antonio Munoz Codina.

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Citroën Categoría:Empresarios do sector do automóbil Categoría:Nados en Italia Categoría:Nados en 1952