miniatura|En vermello, esfera de influencia soviética, a data de 1960. No ámbito das relacións internacionais, unha esfera de influencia é unha área ou rexión sobre a que un Estado ou organización ten unha influencia cultural, económica, militar ou política significativa.
Aínda que pode haber unha alianza formal ou outras obrigas de tratado entre o influenciado e o influenciador, tales acordos formais non son necesarios e a influencia pode ser a miúdo un exemplo máis de soft power. Así mesmo, unha alianza formal non significa necesariamente que un país estea dentro da esfera de influencia doutro. Os altos niveis de exclusividade foron historicamente asociados a niveis máis altos de conflito.
En casos máis extremos, un país dentro da "esfera de influencia" doutro país máis poderoso pode converterse nun subsidiario dese país e realmente servir como Estado satélite ou colonia de facto. O sistema de esferas de influencia polo cal as nacións poderosas interveñen nos asuntos doutros países continúa até hoxe. A miúdo analízase en termos de superpotencias, grandes potencias e/ou potencias intermedias mundiais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Alianzas militares Aliados da segunda guerra mundial Potencias do Eixe OTAN Pacto de Varsovia Colonialismo Diplomacia Doutrina Monroe Guerra fría Hexemonía Intervencionismo Imperialismo Realpolitik Sistema Internacional de Unidades Soft power Xeopolítica
Ligazóns externas CommonCensus Map Poject - Calcula as esferas de influencia para cidades estadounidenses - "Rusia, un axente contrabalanceador para Asia"
Categoría:Ciencia política Categoría:Socioloxía Categoría:Relacións internacionais Categoría:Relacións bilaterais