miniatura|Exemplo de pallaso terrorífico. miniatura|Cosplay do personaxe Pennywise, o pallaso de Stephen King. A coulrofobia é a fobia ou o medo irracional aos pallasos e aos mimos.Miedo a los payasos y mimos Coulrofobia o Pánico a los Payasos (y mimos) • Causas y Síntomas Afecta especialmente aos nenos, aínda que pode aparecer en adolescentes e adultos. Nas discusións sobre as causas da coulrofobia, os pacientes coinciden en que o que máis lles aterroriza dos pallasos é a excesiva maquillaxe, que moitas veces vai acompañada dun nariz vermello e unha estraña cor do cabelo, que lles permite ocultar a súa verdadeira identidade.

Os afectados a miúdo adquiren este medo despois de ter algunha mala experiencia con algún pallaso ou despois de ver un retrato sinistro en medios audiovisuais. Considérase que a sinistra personaxe do Joker de DC Comics e, máis tarde, o terrorífico pallaso Pennywise da novela It de Stephen King (levada posteriormente á gran pantalla) contribuíron a popularizar a figura do pallaso malvado.

Etimoloxía O prefixo "coulro-" provén do termo grego κωλοβαθριστής (kōlobathristēs), que significa "quen anda sobre zancos". Isto débese a que nos tempos antigos os bufóns e os pallasos usaban zancos.

Investigacións Un estudo experimental realizado na Universidade de Sheffield revelou que os nenos teñen medo cando os cuartos dos hospitais están decorados con pallasos.

Segundo un profesor de psicoloxía da Universidade Estatal de California, Northridge, os nenos "están moi impresionados ao ver un corpo común cun rostro descoñecido".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fobia

Categoría:Fobias Categoría:Pallasos