A balea azul,Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 132.133. tamén coñecida como rorcual azul,Pérz Alberti, A. dir. (1982), p. 210.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 309. Balaenoptera musculus (Linnaeus, 1758), é unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos.

É o maior animal que existe na Terra; algúns exemplares acadaron lonxitudes de 33 m e pesos de 190 t, con tamaños lixeiramente superiores nas femias que nos machos. Estes exemplares de tan gran tamaño, observados na década de 1930, non sobreviviron á caza do home. Na actualidade os exemplares superviventes alcanzan tamaños máis reducidos, duns 25 m.

A decembro de 2005, unha das áreas con maior poboación de baleas azuis é a zona das illas do Atlántico sur.

A subespecie que pode atoparse nas costas das illas Canarias e da Península Ibérica é Balaenoptera musculus musculus, a subespecie tipo.

A simple vista é doada de confundir con outra balea, o rorcual común (Balaenoptera physalus), de dimensións e morfoloxía parecidas, pero cunha cor da pel gris escura ou negra.

Taxonomía e etimoloxía A especie foi descrita por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae,Caroli Linnæi: Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.) na que a denominou como Balaena musculus, sendo despois reclasificada dentro do xénero Balaenoptera, descrito por Lacépède en 1804.

O nome específico, musculus, que significa "ratiño" en latín, foi unha broma ou brincadeira científica sobre o tamaño deste animal, xa que en realidade é o mamífero máis grande que existiu xamais.

Anatomía miniatura|Esqueleto de balea azul, fóra do Laboratorio Mariño da Universidade de California, en Santa Cruz, California, EUA. O seu ventre moitas veces ten unha cor agrisada ou amarelada por mor da presenza de diatomeas (algas) que se adhiren a el. A súa parte superior e laterais varían de cor dende o azul ao gris azulado. A súa cabeza é moi longa e fina (aproximadamente un terzo da lonxitude total do animal), aínda máis na súa parte superior, con presenza de raias lonxitudinais na garganta. É o balénido con barbas máis longas na súa boca (50 cm de ancho por 100 de lonxitude). Ao non ter dentes, é un misticeto. As barbas penduran da mandíbula superior e serven para filtrar os crustáceos da auga.

Na parte superior da testa posúen dous buracos, chamados aventadores, que lles serven para respirar. Acotío expulsan ar e auga polos aventadores provocando columnas de auga vaporizada de até 9 metros de altura. Os seus pulmóns poden conter cinco mil litros de ar, aproximadamente.

Este animal pode chegar a ter un corazón tan grande como un automóbil pequeno, a súa lingua é tan grande como un elefante adulto e o seu cerebro pesa catro veces máis que o do ser humano, mostrando signos de grande intelixencia.

A identificación dos exemplares faise moitas veces por catalogación de fotografías das súas aletas dorsais, que son proporcionalmente pequenas, e diferentes en cada individuo.

O seu ritmo cardíaco en momentos de esforzo é de tan só 18 a 20 pulsacións por minuto, en contraste coas 120 normais nos humanos en parecidas circunstancias. Nos segmentos máis anchos das arterias dunha balena azul, unha persoa alta podería permanecer de pé (1,80 m de diámetro).

O seu pene chega a 4 metros de longo e a 1 metro de diámetro.

Ecoloxía As baleas azuis pasan uns oito meses do ano en augas do antártico, onde encontran abundancia de krill e durante os meses do inverno migran para augas máis cálidas onde dan a luz as súas crías.

Poden vivir até os 90 anos en boas condicións. Porén, debido á caza, a media de idade é de 25 anos.

Segundo algúns estudos, os cantos dunha balea azul poderían ser escoitados e entendidos por outros individuos a unha distancia de 4 000 km; porén, o aumento do ruído no mar provocado polas actividades humanas e os seus motores entorpecen esta capacidade.

A súa taxa de natalidade é moi baixa, xa que lles leva sobre uns 10 anos desenvolverse até a madurez e só teñen unha cría nun período de entre 2 a 5 anos.

Alimentación

Aliméntase fundamentalmente de krill, un pequeno organismo planctónico semellante aos camaróns, outros pequenos crustáceos e algúns diminutos peixes. Para isto, posúen varios centos de placas córneas, as barbas ou baleas, a través das cales filtran a auga do mar e obteñen o seu alimento que queda atrapado entre estas barbas.Carwardine, M. (1985), pp. 68-71.

Perigo de extinción

Na actualidade os expertos calculan que só quedan uns 1 000 exemplares. A especie estívose cazando case até a extinción para obter aceite (fundindo a súa graxa), a carne e os ósos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3. Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0811-5. Khalaf-Prinz Sakerfalke von Jaffa, Norman Ali Bassam (2020). The Chilean Blue Whale (Balaenoptera musculus chilensis Khalaf, 2020): A New Subspecies from Chile. Gazelle: The Palestinian Biological Bulletin, ISSN 0178-6288, Volume 38, Number 185, May 2020, pp. 40-63. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Pérez Alberti, A. (dir.) (1982): Xeografía de Galicia. Tomo I. O medio. A Coruña: Edicións Sálvora. ISBN 84-85779-12-6. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Schokkenbroek, Joost C. A. (2008): Trying-out: An Anatomy of Dutch Whaling and Sealing in the Nineteenth Century, 1815-1885. Amsterdam: Aksant Academic Publishers. ISBN 978-90-5260-283-7. Tönnesen, J. N. & Arne Odd Johnsen (1982): The history of modern Whaling. London: C. Hurst & Co. ISBN 978-0-905838-23-6; Canberra: Australian National University Press. ISBN 978-0-7081-0749-2; Berleley: University of California Press. ISBN 0-520-03973-4. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Misticetos Balenoptéridos Caza de baleas Caza de baleas en Galicia

Ligazóns externas

Science seeks clues to pygmy whale Blue Whale photographs by Mike Johnson, Marine Natural History Photographer American Cetacean Society Blue Whale fact sheet Information on Blue Whales from EnchantedLearning.com Numerous Blue Whale photographs from OceanLight.com

Categoría:Balaenopteridae Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Cetáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné